luns, 8 de febreiro de 2016

Fecha importante

Empezamos el año con fuerza. El próximo miércoles 13 de enero defiendo mi tesis doctoral en la Facultade de Filoloxía e Tradución de la Universidade de Vigo. Se titula "De Darío a Sofía (1996-2014). Representacións da maternidade en autoras galegas actuais". Hace ya diez años, en esta misma universidad, cursé el doctorado. Autoras, especialmente contemporáneas, y crítica feminista se fueron dibujando como mis objetos de estudio preferidos. Lupe Gómez y Clarice Lispector iban a ser las protagonistas de una tesis que mutó hasta desembocar en la maternidad. Porque cuando en el 2011 salí del hospital convertida en cuerpo mutilado una voz interna no dejaba de preguntarme ¿dónde están las mujeres episiotomizadas en la literatura? ¿Dónde las madres que amamantan? En definitiva, ¿dónde estaba el feminismo? La investigación para intentar resolver estas cuestiones es mi tesis, empezada en pleno puerperio, a una mano, con niño al pecho, interrumpida por un embarazo incapacitante, cortada por la muerte y finalmente terminada en duelo, robando horas a la madrugada. Todavía no sé cómo acerté a redactar. Todavía me alegro de haber tenido un motivo, una crisálida a la que aferrarme y resistir. Más información sobre este proceso en mi página facebook de literatura A Raíña das Formigas.

Data importante
Empezamos o ano con forza. O próximo mércores 13 de xaneiro defendo a miña tese doutoral na Facultade de Filoloxía e Tradución da Universidade de Vigo. Titúlase "De Darío a Sofía (1996-2014). Representacións da maternidade en autoras galegas actuais". Hai xa dez anos, nesta mesma universidade, cursei o doutoramento. Autoras, especialmente contemporáneas, e crítica feminista foron debuxándose como os meus obxectos de estudo preferidos. Lupe Gómez e Clarice Lispector ían ser as protagonistas dunha tese que mutou ata desembocar na maternidade. Porque cando no 2011 saín do hospital convertida en corpo mutilado unha voz interna non deixaba de preguntarme onde están as mulleres episiotomizadas na literatura? Onde as nais que aleitan? En definitiva, onde estaba o feminismo? A investigación para intentar resolver estas cuestións é a miña tese, empezada en pleno puerperio, a unha man, co neno ó peito, interrompida por un embarazo incapacitante, cortada pola morte e finalmente terminada en dó, roubando horas á madrugada. Aínda non sei como acertei a redactar. Aínda me alegro de ter entón un motivo, unha crisálide á que aferrarme e resistir. Máis información sobre este proceso na miña página facebook de literatura A Raíña das Formigas.

Ningún comentario:

Publicar un comentario