luns, 28 de marzo de 2016

Campos de concentración


Campos de concentración
"Idomeni no es un campo de refugiados. Es un campo de concentración”. Eso pensé cuando vi a los niños raparse las cabezas para combatir los piojos. Y pensé en esa gente que reparte vida y muerte desde los despachos, por un puñado de euros. Esa gente no sabe lo que es el lodo llegándote al pescuezo. No sabe del frío de la noche que gotea en la tienda que te tapa y ya no aguanta ni un solo viento más. Esa gente que no sabe de hogueras improvisadas para calentar unas manos que huelen a vacío. A dolor de hijos perdidos. A asfixia de mar y bomba en los pulmones. No saben de hambre de llenar minúsculas barrigas. Esa gente, ¿hasta cuándo?, que no tienen vergüenza ni dignidad ni conciencia. Esa gente que dormía mientras pasaban los trenes hacia ninguna estación hace 70 años. Y cerraban los ojos. Y no veían alambradas ni humo blanco de la muerte asesina. Ni vida en descomposición. Porque siempre son otros, otra raza, otra cultura, otra religión, las mismas excusas. Porque siempre son ellos, su maldito dinero. Su culo a salvo, caliente y comido. Ni pizca de humanidad. Porque cerramos los ojos y la historia se repite...

Campos de concentración
"Idomeni no es un campo de refugiados. Es un campo de concentración”. Iso pensei cando vin os nenos rapar as cabezas para combater os piollos. E pensei nesa xente que reparte vida e morte desde os despachos, por un puñado de euros. Esa xente non sabe o que é o lodo chegando ata o pescozo. Non sabe do frío da noite que pinga na tenda que che tapa e xa non aguanta nin un só vento máis. Esa xente que non sabe de fogueiras improvisadas para quentar unhas mans que cheiran a baleiro. A dor de fillos perdidos. A asfixia de mar e bomba nos pulmóns. Non saben de fame de encher minúsculas barrigas. Esa xente, ata cando?, que non teñen vergoña nin dignidade nin conciencia. Esa xente que durmía mentres pasaban os trens cara a ningunha estación hai 70 anos. E pechaban os ollos. E non vían aramados nin fume branco da morte asasina. Nin vida en descomposición. Porque sempre son outros, outra raza, outra cultura, outra relixión, as mesmas escusas. Porque sempre son eles, os seus malditos cartos. O seu cu a salvo, quente e comido. Nin chisco de humanidade. Porque pechamos os ollos e a historia repítese...

http://lamarinaplaza.com/…/ivan-prado-pallasos-en-rebeldia…/

Ningún comentario:

Publicar un comentario