xoves, 20 de setembro de 2018

Prevención de la psicosis puerperal


Os comparto esta importante información. Los signos de esta psicosis incluirían: inicio temprano (primeros días o semanas después del parto), estar "fuera de la realidad", es decir, tener una idea delirante, rara, increíble, improbable y defenderla como una verdad, alucinaciones, alteraciones del sueño, estar diferente ante los demás, poco reconocible, tener ideas de daño hacia el bebé o hacia una misma, lenguaje desorganizado (disperso o incoherente), comportamientos raros, cambios bruscos de humor o irritabilidad excesiva, confusión severa, estar extremadamente habladora o no ser capaz de parar o controlar los pensamientos, sentimientos paranoicos ante las otras personas, sentir que las cosas están todas interconectadas de alguna manera especial o sentir que el bebé está conectado con Dios o con el diablo de alguna forma.
Por supuesto, esta situación requiere la intervención inmediata de un profesional. Ruego difusión.


Prevención da psicose puerperal
Compártovos esta importante información. Os signos desta psicose incluirían: inicio temperán (primeiros días ou semanas despois do parto), estar "fóra da realidade", é dicir, ter unha idea delirante, rara, incrible, improbable e defendela como unha verdade, alucinacións, alteracións do sono, estar diferente ante os demais, pouco recoñecible, ter ideas de dano cara ó bebé ou cara a unha mesma, linguaxe desorganizada (dispersa ou incoherente), comportamentos raros, cambios bruscos de humor ou irritabilidade excesiva, confusión severa, estar extremadamente faladora ou non ser capaz de parar ou controlar os pensamentos, sentimentos paranoicos ante as outras persoas, sentir que as cousas están todas interconectadas dalgunha maneira especial ou sentir que o bebé está conectado con Deus ou co demo dalgunha forma.
Por suposto, esta situación require a intervención inmediata dun profesional. Rogo difusión.

Ningún comentario:

Publicar un comentario