sábado, 21 de xullo de 2018

Barriga


Mi barriga
A mi barriga se le ha quedado la forma de ocupada y se resiste a desaparecer, ya vacía. Le llaman más técnicamente diastasis y se produce porque los músculos abdominales, distendidos durante el embarazo, no recuperan su forma habitual. En mi caso no dan más problema que el estético, pero puede ser la causa de trastornos digestivos, molestias o incontinencia urinaria. Para volver a caber en mi ropa y que no parezca que estoy en gestación perpetua, me he puesto a hacer hipopresivos, ejercicios que trabajan específicamente esta zona. Hago Low Pressure Fitness-Hipopresivos de Piti Pinsach y Tamara Rial. Llevo casi un mes y en unos días me mido y espero contar avances... Además, procuro no pasarme de calorías y hacer más ejercicio, que eso de que la lactancia adelgaza se ve que no va conmigo... Si padecéis diastasis debéis consultar con un profesional. Puede resolverse con la práctica adecuada de hipopresivos, salvo los casos más graves, que requerirían cirugía.


A miña barriga
Á miña barriga quedoulle a forma de ocupada e resístese a desaparecer, xa baleira. Chámanlle máis tecnicamente diastase e prodúcese porque os músculos abdominais, distendidos durante o embarazo, non recuperan a súa forma habitual. No meu caso non dan máis problema que o estético, pero pode ser causa de trastornos dixestivos, molestias ou incontinencia urinaria. Para volver coller na miña roupa e que non pareza que estou en xestación perpetua, púxenme facer hipopresivos, exercicios que traballan especificamente esta zona. Fago Low Pressure Fitness-Hipopresivos de Piti Pinsach e Tamara Rial. Levo case un mes e nuns días mídome e espero contar avances... Ademais, procuro non pasarme de calorías e facer máis exercicio, que iso de que a lactación adelgaza vese que non vai comigo... Se padecedes diastase debedes consultar cun profesional. Pode resolverse coa práctica adecuada de hipopresivos, salvo os casos máis graves, que requerirían cirurxía.

Ningún comentario:

Publicar un comentario