venres, 20 de outubro de 2017

Penélope teje

La novela por entregas de mi blog de literatura trata el tema de la muerte y el duelo perinatal, entre otros. Os dejo aquí los enlaces ordenados desde el primero, iré añadiendo los nuevos. En el mismo enlace está la versión en gallego y en castellano. Comenta y comparte. Gracias.

A novela por entregas do meu blog de literatura trata o tema da morte e o dó perinatal, entre outros. Déixovos aquí os enlaces ordenados desde o primeiro, irei engadindo os novos. Na mesma ligazón está a versión en galego e en castelán. Comenta e comparte. Grazas.

Penélope tece 
As madeixas, de todas as cores imaxinables, non conseguían facer esquecer o frío do cuarto que tiña que ter sido da nena...
 
Penélope 2
O baleiro afogábaa. Nada queda da miña vida imaxinada. Telémaco propón trasladar os seus nobelos a ese cuarto. Xoguetes rotos. Xacen esparexidos. 

Penélope 3 
Suspendida. Interrompida en empurrón de morte aquela madrugada, amencer que debía ser de vida.

Penélope 4 
Sentaba no obradoiro polas tardes. Pasaba a vista pola caixa de recordos. Choro. Choraba baixiño para que non a escoitasen nin os seus ósos. 

Penélope 5 
Tezo sen patrón porque a vida me rompeu o molde. Tezo por tecer. Por esquecer. Por concentrarme na tarefa. Por esquecerme de min. Tezo sen respirar, todas as cores sen sentido. 

Penélope 6 
Telémaco non deixa de falar durante a cea. Conta sen parar historias do instituto. Non quere pechar a boca e que o coma o silencio.  

Ningún comentario:

Publicar un comentario