Dor
Onte foi o día do recordo. Non necesito un día para lembrar o que non esquezo, pero está ben concienciar ós que si o fan. Onte non acendín candeas. Xa o meu país ardía por todas partes. Cheiro a fume, madeira morta, cinza na gorxa e dor rabia impotencia medo, un ceo que esmaga negro vento atmosfera irrespirable de paisaxe apocalíptica. E aínda así o peso da túa ausencia non dexaría nin unha herba viva.

Ningún comentario:
Publicar un comentario