O rexistro
Un tema que me indignou profundamente tras a morte de Mai foi a imposibilidade de inscribila no libro de familia xunto ós seus irmáns. Anotárona no legajo de abortos como o meu feto, sen nome nin apelidos. Cando me embaracei de número 4 tiña moi claro que sería iso, número 4, e non o ía inscribir na folla correspondente á súa irmá. Así, grampei o certificado de incineración de Mai na súa folla, a 3. Cando fomos inscribir ó pequeno, a funcionaria do xulgado palideceu e chamou ó responsable, que non tivo inconveniente en anotar ó cuarto como cuarto.

Ningún comentario:
Publicar un comentario