Las etiquetas
Hace casi un año nos plantamos delante de un diagnóstico de
autismo leve. Teníamos un niño de dos que no hablaba, no atendía, no jugaba, no
miraba... no nada. Nada neurotípico. La psicóloga desde el primer momento nos
dio herramientas para que utilizásemos en casa. Ella lo veía como una vez al
mes, éramos nosotros los que teníamos que conseguir llamar su atención de forma
que le interesase comunicarse con nosotros e imitarnos. Sin esta base no hay
lenguaje. El diagnóstico no fue la llave de un cuarto donde guardar a un niño
señalado como autista. La etiqueta, al contrario, es la puerta a la comprensión
y a la superación. No hay que temer a las palabras, hay que hacerlas
inclusivas. No son límites. Un año después tenemos un niño que mira, atiende,
participa, comprende como cualquier neurotípico de su edad, juega, se interesa,
canta y reproduce palabras, utilizarlas para comunicarse aún es su asignatura
pendiente. Ayer sopló por primera vez las velas de su tercera tarta de
cumpleaños.
As etiquetas
Hai case un ano plantámonos diante dun diagnóstico de autismo leve. Tiñamos un neno de dous que non falaba, non atendía, non xogaba, non miraba... non nada. Nada neurotípico. A psicóloga desde o primeiro momento deunos ferramentas para que utilizasemos na casa. Ela víao como unha vez ó mes, eramos nós os que tiñamos que conseguir chamar a súa atención de forma que lle interesase comunicarse e imitarnos. Sen esta base non hai linguaxe. O diagnóstico non foi a chave dun cuarto onde gardar a un neno sinalado como autista. A etiqueta, ó contrario, é a porta á comprensión e á superación. Non hai que temer as palabras, hai que facelas inclusivas. Non son límites. Un ano despois temos un neno que mira, atende, participa, comprende como calquera neurotípico da súa idade, xoga, interésase, canta e reproduce palabras, utilizalas para comunicarse aínda é a súa materia pendente. Onte soprou por primeira vez as candeas da súa terceira torta de aniversario.

Ningún comentario:
Publicar un comentario