luns, 24 de xullo de 2017

Acoger


Hace unas semanas la vi en internet. Mai. Se llamaba Mai. Y tuve que leer. Estaba en la perrera. Quién sabe cómo la vida le había acabado allí. Lo imagino por su miedo. Tiene una edad indeterminada. Tamaño mediano. Le faltan dientes. En la perrera en la que comen pollo crudo. Huesos. Vergüenza. Tiene bultos en las mamas. Sus rescatadoras consiguen sacarla para darle asistencia veterinaria. El diagnóstico es demoledor: cáncer en las mamas con metástasis en pulmones. Pedían una casa de acogida o adopción para los meses que le queden de vida. Para no morir tirada en la perrera. Sola. Sin que nadie le diga al oído lo buena perra que es. Para quien no lo sepa, muchas son las protectoras de animales que trabajan con casas de acogida. Son domicilios de particulares que cuidan de ese animal hasta que es adoptado. Las protectoras se encargan, habitualmente, de los gastos y, por supuesto, de gestionar la adopción. Es duro, lo sé, pero ver recuperado, física y psicológicamente, a un animal que llega enfermo, maltratado o abandonado, es de las mejores experiencias de la vida, por no hablar de la enseñanza para los más pequeños de la casa. Y tuve que llamar. Y ahora Mai (no podíamos llamarla Mai) ha sido rebautizada como Tara por número dos. Además de su enfermedad, parió cuatro cachorros muertos. Estará en nuestra casa, intentando hacerla feliz, mientras esperamos el milagro de una adopción definitiva para que no se vaya sin conocer el significado de la palabra familia. Algunos llegan para vivir, otros para morir, y ambos tienen el mismo derecho. Para adoptarla contactad con Pro Animales Carballiño. También aceptan madrinas y padrinos para sufragar sus necesidades (alimentación, desparasitación, veterinario). Carácter: es una santa. Gracias.

Acoller
Hai unhas semanas vina en internet. Mai. Chamábase Mai. E tiven que ler. Estaba no canil. Quen sabe como a vida lle acabara alí. Imaxínoo polo seu medo. Ten unha idade indeterminada. Tamaño mediano. Fáltanlle dentes. No canil en que comen polo cru. Ósos. Vergonza. Ten vultos nas mamas. As súas rescatadoras conseguen sacala para darlle asistencia veterinaria. O diagnóstico é demoledor: cáncer nas mamas con metástase nos pulmóns. Pedían unha casa de acollida ou adopción para os meses que lle queden de vida. Para non morrer tirada no canil. Soa. Sen que ninguén lle diga ó oído o boa cadela que é. Para quen non o saiba, moitas son as protectoras de animais que traballan con casas de acollida. Son domicilios de particulares que coidan dese animal ata que é adoptado. As protectoras encárganse, habitualmente, dos gastos e, por suposto, de xestionar a adopción. É duro, seino, pero ver recuperado, física e psicoloxicamente, a un animal que chega enfermo, maltratado ou abandonado, é das mellores experiencias da vida, por non falar da ensinanza para os máis pequenos da casa. E tiven que chamar. E agora Mai (non podiamos chamala Mai) foi rebautizada como Tara por número dous. Ademais da súa enfermidade, pariu catro cachorros mortos. Estará na nosa casa, intentando facela feliz, mentres esperamos o milagre dunha adopción definitiva para que non marche sen coñecer o significado da palabra familia. Algúns chegan para vivir, outros para morrer, e ambos teñen o mesmo dereito. Para adoptala contactade con Pro Animales Carballiño. Tamén aceptan madriñas e padriños para sufragar as súas necesidades (alimentación, desparasitación, veterinario). Carácter: é unha santa. Grazas.

Ningún comentario:

Publicar un comentario